Brindando con leite e en autobús por un 2016 mellor

Dúas boas iniciativas de cara á fin de ano que xorden en Mazaricos.

Polo día, as xentes de Eu Son Mazaricos e as Amas de Casa de Mazaricos propoñen un brindis con leite fresco, ás 12:00h do mediodía na Casa da Cultura. Que mellor homenaxe aos seus gandeiros e á loita que levan desenvolta durante este ano, que celebralo con leite da casa.

E pola noite, pensando na mocidade, a Concellería de Xuventude do Concello de Mazaricos porá un autobús para desprazarse a Santa Comba nesta noite tan sinalada. Sairá de Casa Jurjo ás 2:30h da mañá con paradas no Verxel, Barallas e Liñares. E a volta ás 8:45h da mañá.
Poden apuntarse mandando un whatsapp ao 659 981 672.

Un Concello á altura dos tempos.

 

Novas relacionadas

Novas da loita gandeira

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)