Carmen Rey e María Lago Lestón, novas responsables locais dos BNG de Mazaricos e Muros
08 de maio de 2017 (07:19 h.)
O BNG vén de facer unha completa renovación dos seus órganos comarcais e locais. Na ría de Muros-Noia hai moitas caras novas, se ben o responsable comarcal o muradán Manuel María García Fernández (Manu Sante) foi reelixido mantendo o posto dende o ano pasado, acompañado por Ánxela Franco Pouso como vice-responsable.
Na mesma asemblea a activa Carmen Rey (membro tamén do Consello Nacional do BNG) foi escollida como responsable local de Mazaricos. Pola súa parte, en Muros tócalle o turno a María Lago Lestón.
Novas relacionadas
- Setembro 2016: Presentados os candidatos do BNG na comarca de Muros-Noia.
Fonte
- BNG.