Os Carunchos celebran tres décadas de música tradicional en Mazaricos
A música tradicional galega ten unha cita ineludible en Mazaricos. O vindeiro sábado 15 de marzo, ás 17:00 horas, o Auditorio da Casa de Cultura da Picota acollerá o concerto de Os Carunchos, que presentarán o seu espectáculo homenaxe a Manuel María con motivo do seu 30 aniversario como banda.
Recentemento, Os Carunchos celebraron tres décadas de música en galego cun proxecto especial: musicar unha selección de poemas do gran Poeta da Terra. Deste encontro prodixioso entre a música e a palabra xorden trece temas que conforman un traballo descrito pola propia banda como "unha gorxa chea de paxaros e de versos", unha celebración da longa vida dunha das agrupacións fundamentais da música tradicional galega.
Os Carunchos levan desde 1994 percorrendo os escenarios de Galicia e máis alá, levando a música tradicional galega a todos os públicos. O seu 30 aniversario, celebrado ao longo de 2024, supuxo un fito na súa traxectoria, e a homenaxe a Manuel María converteuse nun dos proxectos máis emotivos e aclamados pola crítica e o público.