Daniela Alvite, nova responsable local do BNG de Mazaricos

Daniela Alvite Waisman

O pasado luns tivo lugar unha reunión da Asemblea Local do BNG de Mazaricos, tendo como punto principal na orde do día a renovación da responsabilidade local desta asemblea. Foi a candidatura presentada por Daniela Alvite Waisman a que os asembleistas do BNG avalaron decididamente.

Daniela Alvite, xa viña traballando hai meses na reorganización e afortalamento do grupo do BNG nesta localidade. A súa intención é que o Bloque sexa unha ferramenta útil para as veciñas e veciños de Mazaricos, por esta razón o BNG manterá unha relación moi estreita con todo o tecido asociativo deste concello.