Dous traballadores resultan intoxicados por monóxido no aeródromo da Fervenza

Os feitos aconteceron esta tarde no aeródromo da Fervenza, en Mazaricos Dous traballadores resultaron intoxicados por monóxido sobre as cinco da tarde de hoxe no aeródromo da Fervenza - en Mazaricos -. Os operarios atopábanse cortando materiais cunha máquina cando o aparello comezou a botar moito fume. Segundo indican dende o 112, foi necesario mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar debido á grave intoxicación dos traballadores. A voz de alarma deuna o propio persoal sanitario e o 112 informou do acontecido á Garda Civil, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Comba. Finalmente, os dous traballadores foron trasladados a un centro hospitalario, un deles na aeronave e o outro operario nunha ambulancia. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112