Egueire pecha o seu décimo aniversario disfrutando en Mazaricos dos seus éxitos en Costa de Marfil

O alcalde de Mazaricos falando no 10 aniversario de Egueire O pasado sábado 27, Egueire Ong da man do concello de Mazaricos, celebrou unha gala na Casa da Cultura de Mazaricos para clausurar as celebracións do décimo aniversario da ONG e facer un repaso do traballo realizado o longo desta década ca mirada posta en todo o traballo que queda por diante. Presentada a gala por Tito Villazala e con música da mazaricana Yasmina Zarhani, contouse ca intervención do alcalde de Mazaricos Juan José Blanco quen agradeceu o traballo que está a realizar Eugueire e o papel do presidente Desiré Kouakou Tanoh a quen lle dedicou unhas afectuosas palabras. Un dos momentos máis emotivos para os membros da ONG veu da mán da veciña da Ameixenda Betty Caaamaño, membro da ong, quen repasou a sua experiencia en Costa de Marfil na última viaxe que se realizou para a inauguración da maternidade o pasado ano, e explicou entre anécdotas a sua experiencia e a situación do país africano. A última intervención veu de parte do presidente da Ong, quen agradeceu todo o traballo realizado o longo destes dez anos; traballos hixienico sanitarios (maternidade…) educativos (restauración aulas, apertura de bibliotecas, a granxa escola…) e de promoción económica (axudas a 9 cooperativas, entorno a 600 mulleres), proxectos nos que se invertiron arredor de 300 000€, grazas a colaboración dos socios e as aportacións da xente na compra de lotería do nadal ou a asistencia a festas africanas e comidas e ceas solidarias. Non se pode tampouco esquecer os proxectos de sensibilización que realiza a ong na nosa costa para mostrarnos a realidade de Costa de Marfil e a súa cultura coas visitas de grupos marfileños, rastrillos solidariose as charlas realizadas polo presidente en centros educativos, o libro “Voces en la Selva” ou a magnífica exposición fotográfica de Marcos Rodríguez que esta recorrendo Galicia e que ese día fixo parada en Mazaricos.

Grandes novas dende Costa de Marfil

Imaxe da Maternidade de Egueire en Costa de Marfil a pleno rendemento Nestas datas Egueire aparte de celebrar estes dez anos de solidariedade, ten grandes novas, como o inicio do funcionamento da maternidade que esta abrindo as portas a vida. Ademais, tamén comezaron coa limpeza dos terreos que se van destinar para a construcción da granza escola, duras tarefas que están realizando César e Joseph tras a súa formación no EFA Fonteboa. Dous proxectos nados na Costa da Morte e que van facer un pouco máis autonómas ás xentes de Costa de Marfil.
César e Joseph realizando unha cabana provisional para continuar cas tarefas de limpeza de cara á construír a granxa escola  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/egueire-inaugura-a-nova-maternidade-de-costa-de-marfil-con-acento-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/cesar-e-joseph-diplomados-de-producion-agriopecuaria-no-efa-fonteboa-para-desenvolver-costa-de-marfil/ https://quepasanacosta.gal/170-persoas-disfrutaron-do-cocido-solidario-de-egueire-axudando-aos-seus-proxectos/ https://quepasanacosta.gal/as-miradas-de-marfil-enchen-de/ https://quepasanacosta.gal/os-alumns-do-eugenio-solidarios-con-costa-de-marfil/