Falece un rapaz dunha excursión escolar carballesa no Encoro da Fervenza

Saltaban todas as alarmas ao mediodía deste martes 15 de xuño, cando un neno duns 10-11 anos, pertencente a unha excursión de escolares do CEIP Fogar de Carballo, desaparecía na auga do encoro da Fervenza.

Ao parecer, estaban na auga xogando unha piragua, cando varios compañeiros daban a alarma. Dende o 112 mobilizaban os Bombeiros do Xallas, o GES de Muros e a súa moto de auga, o COS e Protección Civil de Mazaricos, ademais de enviar os GEAS, e os helicóptero de Urxencias Médicas, o de Salvamento e o Pesca 1 de Gardacostas.

Finalmente, o corpo sen vida do rapaz foi atopado arredor das 14:00h.