Ferido un home en Mazaricos tras colidir contra un tractor

Un home resultou ferido pouco antes das 13 horas de hoxe despois de que o coche no que viaxaba envocarse ao colidir cun tractor. O accidente tivo lugar na estrada que une A Picota e Dumbría, no lugar de Sanfoga. O ferido foi trasladado ao hospital de Cee. Ao lugar do sinistro achegouse un equipo médico de urxencias e tamén foron alertados a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros de Santa Comba, o Ges de Muros e Protección Civil.

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • 112 Galicia