Fin de semana musical en Mazaricos
O Concello de Mazaricos ofrece este próximo fin de semana unha programación musical diversa coa celebración de dous eventos culturais de entrada gratuíta no Auditorio da Casa da Cultura da Picota: o tradicional Concerto de Nadal da Escola de Música Moderna e o concerto do grupo folk Tres Pesos. Dúas citas de balde, abertas a toda a veciñanza.
O sábado 20 de decembro ás 12:00 horas, celébrase o Concerto de Nadal da Escola de Música Moderna de Mazaricos, onde o alumnado mostrará os seus progresos cun programa musical variado e cheo de entusiasmo.
Unha data que supón a culminación do traballo desenvolvido polo alumnado durante o primeiro trimestre do curso, nun acto que se converteu nunha tradición nestas datas festivas no concello. "É un orgullo ver como os nosos alumnos e alumnas van medrando musicalmente e poden mostrar en público o froito do seu esforzo", sinalou o técnico de Cultura, Suso Jurjo.
Para o domingo 21 de decembro ás 17:00 horas queda a actuación de O grupo Tres Pesos (formado por Xoán Porto, José A. Ferreira e Felisa Segade) presentará o seu espectáculo "Contares e Cantares", un viaxe pola esencia musical galega que combina tradición oral e melodías populares.
O grupo, que conta coa participación de Felisa Segade -membro do desaparecido grupo Leilía e antiga profesora de baile e pandeireta en Mazaricos-, propón unha reflexión musical sobre a identidade galega a través de cantigas e relatos tradicionais.