O maior premio do Hit List veu para a Costa da Morte

Aa mazaricá Alicia Núñez e o laxense Fran Lago no Hit List

Participaron o laxense Fran Lago e a mazaricana Alicia Núñez no concurso Hit List da Televisión de Galicia que se emitía este pasado sábado. 

A parella medíase a dous docentes coruñeses e a dúas cantantes de orquestra de Ferrol e logo de deixalos no camiño fixéronse co maior premio repartido ata agora por este concurso que emite a TVG dende decembro e que está baseado nunha idea da británica BBC. Logo da proba final Fran e Alicia acadaron un premio de 3516 euros, o maior do programa ata o de agora.