Máis xente que nunca para zampar as 2.000 racións da Festa do Bolo do Pote

“Este ano foi o que máis xente houbo de todos os últimos”. Así o aseguraron as bravas cociñeiras da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos e os voluntarios da Asociación Monte Picoto, rgaizadores da XX edición da Festa do Bolo do Pote. Era un ano espceial, que 20 anos non se cumpren todos os días. E a xente non fallou, a carpa quedou pequena e o frío non disuadiu a ninguén. Ademais, os establecimentos hostaleiros estiveron ben cheos, ata o punto de que o presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo tamén sinalou o “éxito” da convocatoria para os locais hostaleiros da vila.
A cociña botou fume. As voluntarias non pararon de cociñar, cortar, colocar e dispensar as “2000 racións de bolo”. Moitas das persoas asistentes declararon que o bolo estaba “delicioso” e moitos fixeron de novo a cola para poder degustar outra ración. O grupo de gaitas O Verán amenizou o convite e tras iso as persoas asistentes puideron escoitar á charanga Os Jalácticos.
As Amas de Casa Por outra banda, o Concello tamén acolleu unha concentración de coches minis. Foron 30 as unidades que a veciñanza puido contemplar. O gañador ao coche máis fermoso e coidado foi o de José Cacheiro que recolleu o premio de mans de Blanco. A votación levárona a cabo as persoas asistentes.

Novas do Bolo do Pote

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)