Mazaricos abre as portas do seu ximnasio municipal

O ximnasio conta con diversas máquinas de cardio e de musculación Coa presenza da responsable de Igualdade da Deputación da Coruña - Ánxela Franco -, o concello de Mazaricos inaugura este sábado o ximnasio municipal ubicado no sótano do centro sociocultural da Picota. As instalacións contan con diversas máquinas tanto de cardio como de musculación e mantemento que se instalaron coa aportación da Deputación da Coruña. Ademais, o ximnasio está equipado para practicar bodyjump, pilates, spinning, cardio-dance ou crosstrainning. As veciñas e veciños terán que achegar simbolicamente 6€/mes para poder usar as dependencias. O rexedor Juan José Blanco Riveiro afirma sentirse “orgulloso” deste proxecto. “É unha instalación importante para mellorar o benestar das veciñas e veciños”, explicou. “O ximnasio era unha das promesas do programa que, chanzo a chanzo, imos cumprindo”, concluíu. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Mazaricos