Mazaricos avisa dun posible timo

Coche no que supostamente viaxan os timadores en Mazaricos

Esta mañá o Concello de Mazaricos vén de denunciar un posible timo. Son dúas persoas, con chaleco reflectante, nun coche branco, que se fan pasar por vendedores de aglomerado e dicindo que fan obras para o Concello. Un deles ten acento inglés e a Garda Civil xa está avisada, a pesar de que moitos veciños recoñecen que xa os viron pasar por outras zonas da bisbarra.

Fonte

  • Concello de Mazaricos.