Mazaricos organiza un curso sobre a poda de árbores

Outra das actividades que se enmarcan dentro da Semana Gandeira que terá lugar do 23 ao 29 de novembro en Mazaricos, enmárcase unha charla informativa sobre a poda de árbores na horta que terá lugar na casa da Cultura de Mazaricos. Durante o taller, que se impartirá os días 24, 25 e 26 de novembro de 16 a 18 horas, falarase sobre os tipos de poda, tratamentos de pragas, formas, variedades e outros temas relacionadas coas árbores da horta. Os interesados poden asistir de forma gratuíta a estas charlas informativas. Previamente deben anotarse no 981867104 ou no correo electrónico adl@mazaricos.net. As prazas son limitadas.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Mazaricos