Mazaricos prepara o seu "entruido"

O vindeiro sábado, 25 de febreiro, Mazaricos desfrutará do seu #entruido da mañá á noite. Coincidindo coa feira da Ficota, os entruideiros de Arcos e os Superheroes MZ da asociación cultural Eu Son Mazaricos percorrerán a vila a partir das 16:30 horas. Rematarán cunha gran festa na que non faltarán os inchables, os xogos popularese un photocall. Xa pola noite, ás 21:30 horas, a asociación cultural de Antes organiza un cocido no colexio San Cosme de Antes a partir das 21:30 horas. Axenda de Entroido Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Mazaricos