Mazaricos prepárase para repartir mil racións de bolos do pote

Esta fin de semana poderás degustar unha boa ración coma esta de Bolo do Pote nos establecimentos de Mazarios Mazaricos xa ten todo en marcha para repartir a próxima fin de semana unhas mil racións de bolos do pote, unha comida típica galega da que xa falaba Rosalía de Castro nos seus poemas. Ésta será unha edición especial da festa do Bolo do Pote xa que cumpre a súa maioría de idade. Para iso o concello de Mazaricos, organizador do evento, conta coa colaboración de varios establecementos hostaleiros nos que se poderá degustar este prato durante o sábado e o domingo con previa reserva. O día forte da Festa do Bolo do Pote será o domingo, 5 de marzo. Dende as 13 horas haberá o grupo de gaitas O Verán encargarase de amenizar o día polas rúas da Picota o que dará paso á degustación do manxar nunha carpa instalada no campo da feira e nos distintos locais colaboradores. A música continuará, durante a sesión de vermú, coa orquesta Catedral que volverá a actuar a partir das 18:30 horas.
Bolos do Pote de Mazaricos O prato degustación terá un custe de 15€ e está composto de cocido, bolos do pote e bebida. Para levar a cabo a XVIII festa do Bolo do Pote, o concello de Mazaricos conta coa colaboración da asociación Amas de Casa e da A.VV. "Monte Picoto".
  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)