Mazaricos recibe este domingo a Gala do 25 aniversario do grupo tradicional Donaire
         04 de novembro de 2025 (07:52 h.)
      
    
              O Auditorio da Casa da Cultura da Picota acollerá o próximo domingo 9 de novembro ás 17:00 horas a Gala do 25 Aniversario da Asociación Cultural Donaire da Coruña, nun concerto gratuíto organizado pola Área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña en colaboración co Concello de Mazaricos.