Mazaricos, que segue sen positivos, implementa un servizo de información laboral e mantén os seus recursos

Os voluntarios de Protección Civil de Mazaricos seguen levando produtos ás casas

Segue sen apenas casos positivos o Concello de Mazaricos (só hai un positivo rexistrado do pasado 25 de marzo, e xa está recuperado), pero iso non quere dicir que a pandemia non estea afectando directamente á vida dos mazaricáns. Así agradecía o alcalde Juan Blanco o bo comportamento da veciñanza no cumplimento das normas de confinamento.

En todo caso, Concello ponse a traballar nunha liña propia de información laboral sobre as medidas económicas que levou a cabo o Goberno de España debido á situación de Alerta Sanitaria. Este servizo está destinado a traballadores ou traballadoras que poidan sufrir un ERTE, familias con hipotecas, alugueres ou persoas autonómas afectadas pola situación. As persoas que o desexen poden escribir un whatsapp ao número 618964705 ou pinchar aquí neste enlace e serán atendidas por un gabinete de avogados laboralistas. O servizo de atención estará operativo o mércores 8 e o luns 13 de abril en horario de 10h a 14h e de 16h a 20h.

Outras iniciativas

O Concello mantén habilitado un servizo de compra de alimentos e medicamentos para persoas maiores que están soas. O voluntariado de protección civil lévalle o encargo ao seu domicilio. Para pedir os produtos as persoas deben chamar de 09.00h a 14.00h ao 981 86 71 04 e o resto do día ao 667 20 93 14.

Ademais diso, o técnico de deportes, Andrés Tuñas, ten habilitada unha liña telefónica (649 86 43 93) que atende de 10:00 da mañá a 14:00 da tarde para dar asesoramento físico no domicilio en función das condicións e espazo disponible de cada persoa.

Para atender a fenda dixital que adoita haber no rural, tamén se puxo en marcha un servizo de impresión e entrega de tarefas escolares. Deben enviarse a fernando.rial@mazaricos.gal fernando.rial@mazaricos.gal, indicando a dirección e un teléfono de contacto. O voluntariado de protección civil entrégaas a domicilio semanalmente.

#CulturaNaCorentena e #CociñaNaCorentena

Non menos importantes son as iniciativas de #CulturaNaCorentena e #CociñaNaCorentena. Artistas e cociñeiros do municipio entreteñen á veciñanza nas redes sociais do Concello con cancións, contos, prosa, poesía, música e receitas. Tania Fuegho, Fede Pérez, Ismael Ramos, María do Carmen Núñez, Casa Chelo co seu biscoito… e moitos outros que a veciñanza irá descubrindo nos vindeiros días de corentena.