Mazaricos tamén estrea un tractor de limpeza para previr incendios

Mazaricos tamén estrea tractor desbrozadora Como fixeron nas últimas semanas os Concellos de Zas e Vimianzo, o de Mazaricos é un dos 19 concellos de Galicia que poden estrear un novo tractor-desbrozadora para limpar os montes e así traballar na prevención de incendios. Un tractor financiado pola Consellería de Medio Rural, que aportou 85.000€, se ben o IVE tocoulle ao Concello. Trátase de facilitar os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novo-tractor-mccormick-para-manter-a-rede-viaria-municipal-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/duas-desbrozadoras-para-a-limpeza-dos-caminos-de-vimianzo/