Mazaricos, Vimianzo e Zas recibirán axudas da Xunta para financiar tractores de prevención de incendios

Interesantes as axudas que vén de formalizar hoxe a Consellería de Medio Rural con 19 concellos de Galicia entre os que se atopan os de Mazaricos, Vimianzo e Zas. Axudas para facilitar o cumprimento das súas obrigas na xestión da biomasa, permitindo a adquisición dun tractor e dous apeiros (un de arrastre e outro de roza), que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes municipios. A Xunta concederá un importe máximo de 85.000 euros en cada caso (o IVE correspondente aboarao cada concello.

Novas relacionadas

Artigos sobre os incendios

Fonte