Novas melloras para o saneamento de Mazaricos gracias aos 123 viraventos
Mazaricos ten 123,5 aereoxeneradores e 4.118 metros de liña de conexión no seu termo municipal. Pouco revirten estas infreaestruturas na zona ("a luz pagámola igual", que dirían os máis críticos). Unha das poucas achegas parte do Canon Eólico, a través da cal a Xunta vai investindo en materia ambiental polos concellos do país, entre eles 9 concellos da Costa da Morte.
O Concello de Mazaricos poderá afrontar novas obas de saneamento gracias ao Fondo de Compensación Ambiental que achega uns 230.000€. Así, procederase á instalación de fosas compactas con filtros biolóxicos nos lugares de Cuíña, Manda, Atán e Espina, prolongáronse as canalizacións en Picaraña e Quintáns e instalouse unha planta depuradora prefabricada de formigón en Pino do Val.
Ademais, parte da subvención concedida polo departamento autonómico foi destinada a sufragar os gastos de funcionamento do punto limpo que dá servizo ao municipio, que se encontra localizado en Pino do Val.
Novas relacionadas
- Dumbría e outros 8 concellos da zona sanéanse co canon eólico.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- XUnta.