O académico Manuel González González será noemado Fillo Predilecto de Mazaricos
Xa o coñecimos de preto aló polo 2009 cando sacamos a Elección Histórica da Costa da Morte. Manuel González González será nomeado esta semana como Fillo Predilecto de Mazaricos.
González é académico numerario (1992), secretario da Real Academia Galega (RAG), director de seminarios Lingüisticos e Lexicografía de RG e dirixe o Servicio de Terminoloxía de Galicia (Termigal) e o centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Aí é nada, o que pode dar a pequena aldea de Beba.
Así, o Concello quere recoñecer o seu traballo, e este vindeiro sábado, 16 de marzo, a partir das 12:00h, terá lugar, na Casa da Cultura da Picota, o acto institucional de nomeamento de Manuel González González como Fillo Predilecto de Mazaricos.
Os interesados en asistir ao posteiror xantar, que terá lugar no Restaurante Jurjo, deben ingresar 30€ no número de conta que aparece no cartel, e para calquera dúbida poden chamar ao 981 867 104.
Novas relacionadas
- Elección Histórica: Os 3 nomes máis importantes da historia de Mazaricos.
Fonte
- Concello de Mazaricos.