O Pádel invade Mazaricos
O Concello de Mazaricos e o Mazaricos FC preparan xa todo para Gran Final do I Open de Pádel Afeccionado. Aprazada por diversos motivos, celebrarase finalmente o sábado 30 de setembro ás 20:00 horas na Pista Polideportiva da Picota.
O enfrontamento final disputarano as parellas: Forrajeros (Juan Manuel “Rachón” e Luis) contra os Furarredes (Álex e Samuel).
Ambas parellas chegaron á final tras superar unha competitiva fase de eliminatorias, destacando pola súa calidade técnica, o seu alto nivel e, sobre todo, pola súa deportividade.
Este torneo, impulsado pola colaboración entre o Concello e o Mazaricos FC, naceu co obxectivo de fomentar o deporte base e ofrecer actividades de lecer á comunidade. A alta participación, con 16 parellas inscritas e case unha ducia en reserva, confirma o interese crecente polo pádel no concello.
Ademais de ser a primeira competición de pádel organizada institucionalmente en Mazaricos, resulta ser unha exitosa entre administración e club deportivo local.
O eevento comezará ás 20:00 horas directamente coa Final. Ás 21:30 horas terá lugar a entrega de trofeos e agasallos por parte do concelleiro Jorge Sanmartín, todo cun ambiente festivo e o Bar aberto.