Polo emprendemento cooperativo no rural costeiro

Sempre falamos do activo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco, e sempre nos preguntamos o mesmo: como é posible que sexa o único dentro de formación agroalimentaria da Costa da Morte? Ante a falta de outros centros de ensino destas características, parece que temos que aproveitar iniciativas como esta que chega a Mazaricos.

A Asociación galega de Cooperativas Agroalimentarias chega á Costa da Morte para fomentar o emprendemento cooperativo no rural. E o fai a través dun "Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se desenvolverá no Centro da Rede Eusumo Agrupación de Mazaricos, na Picota.

A primeira sesión será o vindeiro 17 de marzo, e continurará no acollerá, os próximos días 18, 19, 24, 25, 26 e 30 de marzo, cun taller formativo centrado nas posibilidades que o cooperativismo ofrece como una fórmula empresarial de éxito no rural.

Programa e inscrición

Xa podedes solicitar información e inscribete, de balde na Oficina de Fomento Cooperativo 981 584783, en www.agaca.coop ou en agaca@agaca.coop.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).