O POS de Mazaricos servirá para adecuar 10 camiños e pistas
O Concello de Mazaricos aprobou na sesión plenaria extraordinaria do 9 de setembro un ambicioso proxecto de mellora e mantemento do viario municipal que suporá un investimento total de 537.296 euros. Esta cantidade, financiada integramente polo Plan Único (POS+2025) na súa segunda fase, destínase a actuacións de rehabilitación en camiños e estradas de acceso a núcleos de poboación onde foi detectada a necesidade de intervir nos firmes para recuperar a súa plena funcionalidade e seguridade.
O proxecto municipal comprende un total de dez intervencións repartidas polas parroquias de Alborés, Arcos, Chacín, Corzón, Eirón, Maroñas e Vaos. As actuacións consistirán tanto en rehabilitacións superficiais como estruturais, aplicándose en tramos concretos ou ao longo de toda a lonxitude dos viais.
Actuacións destacadas
Entre as dez intervencións planificadas, destaca pola súa maior contía (arredor de 140.000 euros) a mellora da estrada Corveira-Cuíña (Eirón), onde se aplicará unha capa de aglomerado nun treito de 1,2 quilómetros de longo. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados anteriormente entre Estivada Vella e Corveira.
Outra das melloras máis significativas, cun orzamento conxunto que supera os 200.000 euros, centrarase nos accesos aos núcleos de Fontemourente e Castro. No caso de Castro, realizase a mellora no acceso dende o cruce da estrada AC-400 (Santa Comba-Muros) e no rueiro interior.
Listaxe completa de actuacións:
- 1.Actuación 1: Mantemento da pista das Espigas a Ribadeza
- 2.Actuación 2: Mellora de pistas no Norte do Fieiro
- 3.Actuación 3: Mellora de pistas no Sur do Fieiro
- 4.Actuación 4: Mantemento de pistas de Asenso a Val e Godón
- 5.Actuación 5: Mellora do acceso a Fontemourente
- 6.Actuación 6: Mellora do acceso a Vilariño de Chacín
- 7.Actuación 7: Mantemento de pista entre Os Cacheiros e O Lugarnovo
- 8.Actuación 8: Mellora da estrada de Eirón entre Corveira e Cuíña
- 9.Actuación 9: Mantemento e mellora das pistas de acceso a Castro dende a AC-400 e rueiro interior
- 10.Actuación 10: Mantemento da estrada do Niñán a Os Vaos
“Con esta inversión, respondemos a unha demanda do uso das nosas vías. O obxectivo é claro: mellorar a seguridade viaria e a calidade de vida dos habitantes destas parroquias, facilitando os accesos e poñendo en valor o noso medio rur