Trasladan en ambulancia a unha persoa tras sufrir un envorco en Mazaricos

Imaxe do accidente do sábado nas Caxadas

Estes días de temporal son perigosos nas estradas. O pasado sábado rexistrábase un envorco en Vimianzo, na baixada de Caxadas, que non tivo consecuencias.

Si que as tivo o accidente desta mañá, pasadas as 11:20, en Mazaricos. Un choque envorcaba na a AC-400, entre os quilómetros 81 e 82, na parroquia de Coiro. O vehículo saíse da vía e envorcou, de maneira que o único ocupante quedou atrapado no interior. Para poder ser liberado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos membros do GES de Muros.

A persoa maior accidentada, foi trasladada en ambulancia tras ser excarcerada, nun operativo baixo a choiva, no que colaboraron Proteccion Civil de Mazaricos, e a garda Civil.