Últimos días para inscribirse na BTT de Mazaricos, que xa pensa na Carreira Pedestre

Este vindeiro 30 de abril terá lugar a VII BTT Os Picos de Mazaricos. E o prazo de inscricións remata este 28 de abril ás 23:59h, puidendo realizarse en https://sportmaniacs.com/.

A proba, con dúas variantes (ruta curta de 35 quilómetros e longa de 45), será cronometrada e terá carácter non competitivo.

Carreira

Mentres, Mazaricos xa pensa na XI Carreira Pedestre Concello de Mazaricos, que forma parte do circuíto Correndo pola Costa da Morte e se celebra o domingo 7 de maio. Xa te podes inscribir en https://correndopolacostadamorte.com/.