Un concurso de fotografía do máis gandeiro

Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra por valor de 150, 100 e 50 euros Unha das actividades que xa está en marcha e que se enmarcan na Semana Gandeira de Mazaricos é un concurso de fotografía que baixo o lema "persoas de todas as idades, interactuando con animais ou no agro" poden participar todos aqueles interesados tanto do propio concello de Mazaricos como de outros. Os participantes deben enviar a súa foto ao número 608 936 448 a través do Whatsapp. Poden facelo ata o 20 de novembro, incluído. Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra para canxear nos establecementos de Mazaricos, por valor de 150€, 100€ e 50€. Os premios entregaranse o sábado 28 de novembro, no polideportivo da Picota, no marco das actividades da Semana Gandeira. Outra das actividades máis destacadas desta Semana Gandeira organizada polo concello de Mazaricos é unha xornada técnica sobre o sector lácteo, que se desenvolverá o 28 de novembro na casa da Cultura da Picota. Durante a xornadas haberá diferentes conferencias na que se abordarán distintos aspectos relacionados co sector. Programa: 
  • 10:00 Produtos específicos para gandeiros. Jesús Combarro, director de Bancoagro (ABANCA).
  • 10:30 É rendible producir leite e Galicia?. Juan Freire Quintáns, asesor da Cooperativa Agraria Provincial.
  • 11:15 Propiedades do leite na saúde humana. Mitos e realidades dende o punto de vista científico. Carlos Spuch Calvar, investigador do IBI.
  • 12:15 Alimentación, manexo e eficiencia alimentaria. Adrián González Garrido, veterinario-nutricionista .
  • 13:00 Mesa Redonda: Retos, oportunidades e realidades do sector lácteo.
- Ismael Herruzo. Gandeiro de Córdoba, membro da cooperativa Valle de los Pedroches. - Jerome Baron. Técnico de Chambre de Agriculture de París. - Ángel Miranda González. Director da área de alimentación da cooperativa Os Irmandiños. Moderador: Marcos Fernández. Veterinario
  • 14:15 Clausura: alcalde de Mazaricos e a Conselleria do Medio Rural (Ángeles Vázquez)
Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Mazaricos