Un home resulta ferido nun accidente en Mazaricos

Un home resultou ferido esta tarde en Mazaricos ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. A vítima tivo que ser trasladada a un centro hospitalario de Cee despois de que, ao parecer, o seu coche impactase contra un poste, que caeu xunto cos cables que sostiña.

O accidente produciuse na DP-3404, no punto quilométrico 17.100. Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 15:15 horas.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Santa Comba e ao GES de Muros.

Novas relacionadas

 

Accidentes 2017

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • 112