Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa

A familia de Premiados da Gala do Fútbol da Costa - QPC 2016 Volveu ser Quepasanacosta o punto de encontro do deporte da Costa da Morte. A III Gala do Fútbol da Costa-QPC conseguiu encher con máis de 300 persoas a Casa da Cultura da Picota, en Mazaricos. Foi unha longa noite de premios, risas e momentos emotivos, que serviu para que o Presidente e o Vicepresidente da Federación Galega, Rafael Louzán e Juan Villamisar, comprobasen en primeira persoa o potencial social do noso fútbol. Porque, como sempre dicimos, o noso Fútbol da Costa trascende as fronteiras do deporte para convertirse nun evento máis que social. Os Rapacollóns deron boa conta desto, con máis de 40 siareiros fisterráns disfrazados armando festa e demostrando unha arte ca copla tremenda.
Rafael Louzán, presidente da FGF, comprobou a potencia do noso deporte na Gala do Futbol da Costa

Emoción, risas e premios

Momento emotivo da noite co Premio Abdoulaye
Federico Pérez, xenial coa camisola do Mazaricos CF Levou o guión, outro ano máis, Fran Hermida, a que sempre será a Voz do Fútbol da Costa, e este ano contou cun compañeiro especial enriba do escenario. Menudas risas arrincou do público o mazaricán Federico Pérez Rey, unha das caras máis coñecidas da televisión galega. Coa amarela posta, coma un afeccionado máis dun Mazaricos CF en plena celebración do 25 aniversario, Fede fixo as delicias do público. O club mazaricán e o Concello tamén tiveron o seu protagonismo, ademais desas marabillosas axudantas “MZ” enriba do escenario. Os maiores protagonistas, os máis galardoados polos votos das 130 persoas do noso fútbol, foron o Soneira e o Fisterra, concretamente Adrián Makaay que levou 3 premios. Pero o momento da noite tivo nome senegalés. Tocaba o Premio Especial Base Abdoulaye, este premio que a familia QPC quere dedicar para sempre ao pequeno muxián falecido este ano. O auditorio enteiro púxose de pé para gardar un emotivísimo minuto de silencio mentres se visualizaba un vídeo con fotos do rapaz. Tan emotiva foi a homenaxe que QPC lle fixo, un ano máis, a Álex Pombo. A presencia do seu irmán e pai, un día antes do que sería o seu cumpleanos provocou outro dos momentos da noite.

Recoñecementos

Comezou a rolda de recoñecementos despois de que Alberto Pose, membro da familia QPC, fixese os agradecementos pertinentes e reincidise na nosa intención de seguir unindo o sempre disgregado Fútbol da Costa. Foi el o que fixo entrega dun detalle a Jorge Parri, a cara máis coñecida do noso deporte.
A rolda de recoñecementos continuou co Premio Histórico, que este ano foi para Manolín, no ano da súa retirada. O persoeiro máis laureado do noso fútbol non puido acodir, pero o seu recoñecemento quedou para a lembranza.
O árbitro Marcos Ordóñez recibiu unha sorpresa na Gala do Futbol da Costa E foi Marcos Ordoñez, un dos eternos silenciados, os colexiados, protagonista inesperado. El ía entregar o Premio ao Árbitro do ano, pero o resto de colexiados quixeron darlle a volta e darlle unha sorpresa, e coa connivencia de QPC foi el o premiado, da man do seu fillo Daniel. Momentazo que provocou as bágoas do colexiado máis comprometido da zona. Na mesma liña queremos seguir co Premio Máis Deporte á Acción Deportiva do ano, que este curso levou o Cerqueda e o Ameixenda, por unha acción na que o meta cerquedán Diego Dourado, salvou a vida do ceense Momaño tras levar un forte golpe. Juan Jesús entregou o trofeo a Diego Dourado e a Fernando, directivo do Ameixenda.

2 premios á Base

O Dumbría abriu a rolda de premios recibindo, un ano máis, o Premio ao Mellor Club Base. O novo presidente, César Ferrío, recibiu o galardón. Tocaba seguir mirando á canteira, pero con emotividade. O Premio Especial Abdoulaye ao Fútbol Base provocou un momento tremendo, que rematou co galardón ao Outes CF, polo seu traballo, polos seus éxitos, pero sobre todo, polo seu comportamento dentro e fóra do campo de xogadores, pais e directivos.

Pichichis e Zamoras

Geiko, Adrián Makaay (por primeira vez), Basti, Noé, Bugy e David Insua subiron a recoller os premios pichichis e porteiros menos goleados. Foi o momento da entrega do Premio Alex Pombo ao Porteiro menos batido da 1ª e Preferente, que entregou José Ramón Pombo, o irmán de Álex, a David Insua, do Sofán, un dos momentos da noite.

Premio Calvo 11 ideal

Menudo 11 ideal que subiu ao escenario… Equipazo. A ver se este ano conseguimos un partido do Combinado contra un dos grandes equipos de Galicia.

O Premios Gordos

Arrasaron os Rapacollóns na votación do Premio Vértebra á Mellor Afección. Volveu gañar o Sofán o Premio Ferroatlantica á Mellor Directiva. Manolito recolleu o primeiro dos grandes premios para a familia do Soneira, o Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador. De seguido, subiu o presi soneirán, para recoller o Premio Santitel ao Mellor Equipo tamén ao Soneira. E foi Adrián Makaay o que recolleu o seu terceiro galardón da noite, o Premio Clínica Sar ao Mellor Xogador da Temporada.
Jesús Picallo entregando o Premio Santitel ao Mellor Equipo ao Soneira

Dous fermosos detalles con sabor a MZ

O Mazaricos CF e o Concello de Mazaricos quixeron ter un par de fermosos detalles. O presi mazaricán, Casais, quixo entregarlle unha placa a todos os seus xogadores polo compromiso deste ano. E despois o Concello presentou un vídeo para visibilizar a historia de superación de Tatiana, a moza que supera e supera obstáculos para seguir xogando ao que máis lle gusta, o futbol.

Agradecementos

Temos que agradecer a colaboración fantástica do Concello de Mazaricos, comezando polo alcalde, Xoan Blanco, que apostou dende o principio por este evento, así como os técnicos Nito Estalote como Suso Jurjo, que co seu traballo incansable fixeron que todo saíse estupendamente. Temos que agradecer a colaboración de Fran Hermida e Federico Pérez, dous auténticos profesionais que guiaron unha gala longa pero amena e divertida. Temos tamén que facer mención aos Rapacollóns, e a ese Bebeto, a cabeza pensante, sempre disposta a levar a arte fisterrá polo mundo. E por suposto, aos máis importantes, eses patrocinadores que fan posible estes eventos: [fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/995383173913673/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)