A Xunta realiza este martes probas das sirenas de alerta nas zonas de risco de inundación dos encoros da Fervenza e Santa Uxía

Encoro da Fervenza a tope-Foto-Alvite

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia. No caso da Costa da Morte afectará a zonas dos Concellos de Carnota, Dumbría e Mazaricos colindantes aos encoros da Fervenza e Santa Uxía

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia. 

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

DATA HORA
INICIO
PEP CONCELLOS (½ hora)
17/06/2025 10,00 FERVENZA Dumbría e Mazaricos
17/06/2025 12,00 SANTA UXIA Carnota, Dumbría e Mazaricos