3 deportistas costeir@s nos podios do V Duátlon "Eleuterio Balayo"

Familida de gañadores do Duatlon de Muros 2021

Volveu a competición atletica ás rúas de Muros coa celebración do V Duatlón 'Eleuterio Balayo' . Unha cita que recuperou as mellores estampas da vila mariñeira, e que permitiu, coas medidas de seguridade, que a veciñanza volvese vibrar. Sobre todo co seu ilustre deportista Manu Dosil, que conseguía o 3º posto para o deleite da afección.

Por riba del estiveron o gañador Facundo Ismael do Triatlón Arteixo, e o vimiancés Gabriel Castiñeira Pais, do Triatlón Costa da Morte que demostra que o atletismo costeiro está moi vivo.

Así o refrenda a vitoria da muxiá Barca Toba Suárez en categoría feminina, por diante da noesa Silvia García, e de Tina Marie Fdez. Barrientos.