4 mariñeiros salvan dun novo naufraxio no mar de Louro

A Salvamar Regulos nas pedras do Neixón intentando rescatar

Esta mañá, un barco de Muros sufríu un accidente na zona do Neixón. Noutro día de mar bastante bravo o Nuevo Abeijón petou nunhas pedras que hai embaixo do Monte Louro, e acabou encaiado. Afortunadamente os 4 mariñeiros tripulantes conseguiron salvarse achegándose á parte sur das pedras, onde esperan o rescate.

Son varios os barcos de baixura que están ao redor, e a lancha de Salvamento Salvamar Regulus está xa na zona. Pero achegarse para salvalos sería correr moito risco, polo que esperan que sexa o helicóptero de Salvamento o que realice a operación de rescate.

Segundo confirma Salvamento, o rescate realizouse, despois dun par de horas, por aire a cargo do helicóptero Pesca I da Xunta. As catro persoas rescatadas foron trasladadas ao Hospital do Barbanza, situado en Ribeira. No operativo, coordinado desde a central de Salvamento Marítimo, tamén participou a aeronave Helimer 401.

Dende o sector, aínda conmocionado, varios patróns darredor consideran que "ás veces corremos riscos que non deberíamos correr, pero tras dúas de temporal duro, nos que apenas tivemos 2 días de traballo, e coas cargas económicas que temos enriba cada patrón, vaiamos ou non vaiamos ao mar, se cadra hai veces que non se toman as mellores decisións, e facemos por ir traballar días moi perigosos como o de hoxe. Días nos que ademais non facturamos, porque son días de moito traballo, pero de desenliar as nasas...", explican

 

Así quedou o barco nas pedras do Neixón
  • Actualizaremos a información.