A Costa da Morte sae á rúa no día mundial da discapacidade

Con motivo do día internacional das persoas con discapacidade realizaránse varias actividades en distintos puntos da bisbarra. Por un lado, a asociación de Persoas con Discapacidade da bisbarra de Muros, Adisbismur, e a asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Noia e Muros, Misela, celebran saen hoxe a rúa para visibilizar os traballos que as persoas usuarias dos seus centros realizan a diario. Adisbismur realizará unha xornada de portas abertas no centro que ten en Valadares (lugar de Touzas, s/n – Valadares) co fin de que os veciños e as veciñas vexan os programas que desenvolven no centro e a actividade que realizan a favor da inclusión das persoas usuarias. Tamén terán dous stands nos concellos de Muros e Outes nos que exporán os productos de cerámica e de vimbio que realizan no centro. Todos os que visiten estes postos recibirán un unhas flores de papel deseñadas polas persoas usuarias do centro de Valadares. Íntegro Por outra parte, en Ponteceso terá lugar hoxe a I Xornada Diversidade e Familia baixo o lema “Capacíta-T Avanzando cara a inclusión. A cita, que terá lugar no edificio das Escolas, comeza ás 17 horas. Haberá ponencias sobre distintos temas relacionados coa diversidade e obradoiros infantís. Para pechar a xornada, sobre as 20 horas, realizaráse unha exposicións dos traballos escolares dos colexios de Ponteceso e a entrega de premios do concurso "O noso mundo". Esta primeira xornada "Diversidade e Familia" está organizada pola Asociación Íntegro que contan coa colaboración de varias institucións. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com