A xigante empanada solidaria de Muros
29 de febreiro de 2016 (08:35 h.)
Menudo éxito foi o puzzle de empanadas solidario que armou en Muros o Colectivo Anajata . O EmpanaDarte 2016 contou coa colaboración de case 50 hostaleiros e panadeiros, e ducias de veciños que achegaron ao Mercado de Abastos a súa achega en forma de empanada. >
A idea era formar un puzzle e despois degustalo, e o recadado (cada trozo custaba 2€), ía parar ao colectivo animalista. Ten varias propostas para a vila muradá Anajata, sobre todo pensando nos gatos da rúa. O plan de control inclúen a creación de casetas como xa se ten feito noutros lugares como Malpica.
Xa están pensando nunha segunda edición.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- ANAJATA