Un accidente provoca retencións en Louro

Accidente de tráfico en Louro Foto-Xose Sendón

Este pasado mércores, arredor das 15:00h, un vehículo que circulaba pola AC550, a altura de Louro, Muros, sufría unha colisión contra un vehículo que estaba aparcado. O choque provocaba que o vehículo envorcase no medio da estrada, se ben o condutor puido saír polo seu propio pé.

Protección Civil, Policía Local e o GES de Muros acodiron ao lugar par para recuperar o vehículo e para controlar o tráfico