Arrancan o Castelo Rock a Festa da Carballeira de Zas con claras mensaxes contra o acoso
03 de agosto de 2018 (08:13 h.)
O CIM de Muros, no Castelo Rock
Esta fin de semana celébrase en Muros a XV edición do Castelo Rock. Nesta edición o festival contará cun Punto de Información do CIM Muros, no que se prestará apoio ao público asistente ao festival. Contarán con material divulgativo da Secretaría Xeral de Igualdade, coma o Decálogo contra a Violencia Sexual, e darán a coñecer os servizos que se ofrecen dende este Centro de Información á Muller. Así mesmo realizarán obradoiros de chapas nas que os/as participantes do festival poderán crear a súa propia mensaxe a prol da igualdade e contra as violencias machistas.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/galicia-escocia-e-xapon-protagonizan-unha-festa-da-carballeira-de-zas-mais-folk-ca-nunca/ https://quepasanacosta.gal/o-castelo-rock-e-o-nexo-de-union-co-que-crecimos-e-medramos-moitos-muradans/Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).