Arrinca un mes de teatro en Muros cunha nova Mostra Xosé Agrelo

Muros disfrutará estes días de 4 espectáculos teatrais, no marco da VII Mostra de Teatro Xosé Agrelo. 4 días de cultura para abrir do programa de actividades do “Mes das Letras”, na que o Concello e os centros de ensino muradáns colaboran para achegar o teatro á escola, achegando un total de 15 obras de teatro, todas no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, na estrada de Miraflores.

Con estas premisas elaborouse un completo calendario de representacións, dende o día 10 de abril ao 17 de maio, no auditorio do centro cultural. Aínda que o programa forte comeza hoxe, día 23 de abril, pois a representación do día 10 foi unha deslocalización a petición dos institutos de Muros. Representouse “Pelos na lingua”, destinada a alumnos de secundaria, cun cheo total no auditorio e a aprobación unánime dos presentes.

Precisamente a compañía costeira abrirá a serie de 4 obras hoxe mércores, con Xango. Para o xoves actuará o Grupo do Centro Ocupacional de Valadares, o venres será Ut-Tópico Teatro deixando para o sábado ao grupo local “O Xeito”.

Primeira semana

As funcións desta semana son:

  • Mércores 23 de abril, 12:30 h. TALÍA TEATRO: “Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina”.
    Autor: Diego Rei; Elenco: Toño Casais, Dani Trillo;
    Sinopse: É a historia do home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.
  • Xoves 24 de abril, 11:00. GRUPO DE TEATRO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “Que demo de Demo”.
    Dirección: María do Carme Estévez;
    Elenco: Irene Lestón Abeijón, Cristina Antelo Caamaño, Rubén Conde Maroñas, Javier Neo, Sergio Atán, Lourenza García Monteagudo, Nieves Figueiras Olveira.
  • Venres 25 de abril, 21:30 h. UT-TÓPICO TEATRO: “Antiheroica”.
    Autores: Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón; Dirección:Vanesa Sotelo; Elenco: Fran Godón, Toni Salgado.
    Sinopse: Un antiheroe é como un heroe, pero con todo o mundo en contra.
  • Sábado 26 de abril, 21:30 h. O XEITO TEATRO: “Comedia bífida”.
    Autor: Adaptación da obra de Manuel Núñez Singala. Dirección: Xosé Ramón Agrelo Maquillaxe: Solita Roo. Elenco: Maruxa Caamaño, Manuel París, Xulio Montes, Antonio París, Carlos Outeiral, Mª Carmen Priegue, Ramiro Caamaño, Rosalía Lestón, Susana Lestón, Rodrigo Molinos.

Un mes de funcións

O programa segue coas representacións:

  • Mércores 30 de abril, 10:30 e 12:00 h.- BOABAB TEATRO “O soldadiño de chumbo”.
  • Sábado 3 de maio, 21:30 h.- DISFUNCIÓN CONTINUA TEATRO “Eran outros tempos, ou non?”.
  • Mércores 7 de maio, 10:30 e 18:30 h: OBRADOIRO DE TEATRO RICARDO TOBÍO DE ESTEIRO: “O Principiño”.
  • Xoves 8 de maio, 10:30 e 12:00 h.- ELEFANTE ELEGANTE TEATRO “Aurora”.
  • Venres 9 de maio: estaba prevista unha representación do grupo TEATRO AIRIÑOS, pero terá que ser substituído.
  • Sábado 10 de maio, 18:30 h.- TALÍA TEATRO “Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina”.
  • Martes 13 de maio, 10:30 e 18:30 h: OBRADOIRO DE TEATRO CEIP DE LOURO: “O máxico e tolo Camiño a Compostela” e alumnos/as do CEIP RAMÓN DE ARTAZA “O príncipe feliz”.
  • Mércores 14 de maio, 12:30 e 18:30 h.- OBRADOIRO DE TEATRO DE MUROS: “Marina”.
  • Xoves 15 de maio, 10:30 e 18:30 h: OBRADOIRO DE TEATRO RAMÓN DE ARTAZA: “Repetimos. Acción”.
  • Venres 16 de maio, 12:30 e 21:30 h.- TEATRO SOLIDARIO AS INSUAS: “Disques”.
  • Sábado 17 de maio, ás 21:30 h, pechará a mostra o grupo local AQUELANDO TEATRO, que representará a obra “Figurantes”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).