Arrincou o completo programa de Nadal en Muros

Xa comezou esta ponte o programa de Nadal de Muros, coa acendido do alumeado, varios obradoiros, teatro e cine. Pero o mes de decembro vén cargado, ata o martes 5 de xaneiro, cando haberá unha recepción aos Reis na Igrexa Parroquial de Muros.

Para todas as actividades hai prazas limitadas, polo que cómpre reservar entrada no 981 762 294.