Calvo anuncia o traslado dos traballadores de Esteiro a Carballo

Imaxe aérea da fábrica de Calvo en Esteiro

O grupo internacional carballés Calvo anunciou onte o peche da fábrica de Esteiro e o traslado de case un cento de traballadores á planta de Carballo a finais deste ano. En todo caso, a integración das operacións de produción das súas sociedades Conserveira de Esteiro S.A.U. e Calvo Conservas S.L.U. servirá para focalizar a produción na capital bergantiñá.

A integración leva o cesamento da actividade da fábrica de Esteiro, na que actualmente, segundo explica o grupo nun comunicado de prensa, só realizábanse actividades de limpeza de peixe e cuxa capacidade e competitividade viuse mermada nos últimos anos.

Grupo Calvo comprométese a manter a totalidade do emprego e ofrecerá ao persoal actual da planta de Esteiro, ao redor de 100 empregados, a posibilidade de continuar o seu labor na planta de Carballo así como axudas para os desprazamentos.

A planta en Carballo converterase así no centro principal de operacións do grupo en Europa e, reivindica a empresa, nun "referente de eficiencia, innovación tecnolóxica, competitividade e sustentabilidade" no sector.

Acordo da corporación muradá

Manu Sante, do BNG (arriba) presentou unha mocion de apoio aos traballadores de Calvo Esteiro no pleno muradan

O asunto tratouse no pleno muradán do pasado xoves 28 de setembro que podedes ver integramente a través de Youtube. O BNG presentou por Urxencia unha moción, que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos, xa que se trata da principal fonte de ingresos da zona esteirá e practicamente a única fábrica situada no concello..

Unha moción que lamenta que “estocada case mortal” que sufrirá Esteiro, e que acorda que a corporación “amose o seu apoio incondicional ao colectivo de traballadores da Fábrica” mediante o seguinte acordo:

  • ”A corporación rexeita a lamentable noticia do peche da conserveira de Calvo en Esteiro”.
  • ”A corproación aproba unha declaración institucional de apoio aos traballadores na súa negociación para a a recolocación do persoal na fábrica de Carballo”.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).