O Cine París volve coller forma como Centro Sociocultural

Visita á rehabilitación do Cine Paris en Muros

Este pasado luns, unha comitiva provincial comandada por Valentín González Formoso visitaba Muros, para revisar as demandadísimas obras no Cine París. Acompañado pola alcaldesa, a popular Inés Monteagudo, coa voceira do PSOE local Caridad González, o deputado Blas García e a deputada Sandra González, conseguiu meterse no corazón do edificio, algo que non era posible dende hai anos.

As obras, que convertirán o emblemático edición nun centro sociocultural avanzan a bo ritmo. Esta é a primeira fase, sufragada con 266.000€ do Plan Único da Deputación, e inclúen a renovación da cuberta e o acondicionamento da fachada. A posta en marcha do centro aínda non ten prazos.

Inés Monteagudo quixo "agradecer a visita do presidente e os investimentos da Deputación en Muros, que son imprescindibles" e recalcou que "a obra do Cine París era moi agardada porque a situación do edificio era dramática, pasou de ser unha actuación estética a ser de seguridade xa que corría risco de derrubamento. Agora dá gusto velo e cambiou a sensación dos comercios e establecementos desta zona”.

Durante a visita, o presidente da Deputación aproveitou para recordar que 146 empresas muradás solicitaron as axudas do PEL-Reactiva, e os 17.000 de axudas directas á Confraría de Pescadores, onde tamén estivo da man do patrón maior, Daniel Formoso Moledo.