A completísima Semana Cultural do IES Fontexería

A vindeira semana, do 7 ao 11 de abril, vai ter lugar no IES Fontexería de Muros a XXXVI Semana Cultural. Un programa, e un cartel, elaborado polo propio alumnado e que conta coa colaboración de empresas como Autos comparado, Carpintería Hos Fiuza e Eleuterio Balayo.

Será unha semana completíisma, con deporte, cultura, patrimonio, cine, ciencia, exposicións... Con palestras moi interesantes e obradoiros de máxima calidade.