O PP de Muros esixe a posta en marcha dunha campaña informativa sobre a recollida de enseres
O PP de Muros vén de denunciar a acumulación de residuos nos distintos puntos de recollida ubicados en Louro. Segundo indican os populares nunha nota de prensa, o pasado mes de xullo - coincidindo coas festas do Carmen - acumulábanse na vila unha gran cantidade de residuos. "Un mes despois o problema non só non se amañou, se non que se agravou considerablemente", indican desde o PP muradán.
O concello dispón dun servizo de recollida de enseres que, segundo os populares, "non está a funcionar como debera xa sexa por disfuncións no sistema ou por descoñecemento da poboación". Deste xeito, pediron nos últimos plenos a posta en marcha dunha campaña informativa .
Ademais, os populares indican que o problema se agrave estes días coa calor que acentúa os cheiros dos contedores de lixo e as consecuentes quiexas dos veciños e veciñas.
Fonte