CROMA: exposición de pintura e escultura en Muros
30 de xullo de 2019 (13:41 h.)
Xa o ano pasado, Amalia, Pepa e Carme exhibiron con Montse París a súa obra pictórica nese recinto. Montse, non pode participar nesta edición por motivos laborais, pero agora únese ao proxecto Alejandro Senande, que aportará unha selección de cadros para enriquecer a exposición.
O acto inaugural celebrarase ás 13 horas na propia sala de exposicións e estará presidido pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo. Os autores encargáronlle a Domingo Guerra que os represente e se encargue do discurso inaugural comentando aos asistentes algúns aspectos da mostra.