Denunciado un buque de arrastre de Muros con 5.000 kg caixas de xarda sen declarar

Incautación de caballa nun buque de Muros

Esta noite, o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña denunciou un buque de arrastre no porto de Muros por unha suposta infracción á normativa de navegación marítima. Durante un control de vixilancia, mentres inspeccionaban o libro de estabilidade e os planos do barco, os axentes comprobaron que unha zona da bodega do mesmo difería da que certificaban os documentos oficiais, polo que procederon á inspección física desta zona.

Na inspección descubriron que tras unhas caixas baleiras, había un panel desmontable polo que se accedía a unha estancia que non figuraba nos planos. No seu interior 328 caixas de plástico con xarda.

A Garda Civil comprobou o peso total, que arronxaba o doble do estipulado no DEA (había 10.524 kilos en total e só 5.250 sinalados).

Os axentes denunciaron á embarcación por unha infradeclaración dun 100,8% da caballa capturada e non solicitar autorización para descárgaa en porto dunha cantidade superior a 10.000 kilogramos desta especie. Ademais tamén abriu denuncia por non ter actualizados o libro de estabilidade nin os planos da embarcación.