Denuncian o eterno abandono do pavillón de Esteiro
12 de marzo de 2024 (10:24 h.)
A veciñanza de Muros comenta estes días polas redes sociais o abandono secular que sofre o Pavillón Xosé Lago de Esteiro, Muros. Unha infraestrutura que necesita un proceso de renovación.
Segundo nos contan dende a Concellaría de Deportes, xa están falando coa Deputación, pois é "un dos asuntos que queremos facer si ou si nesta lexislatura".