Investigan un home por ameazas telemáticas a unha muller de Muros

A Garda Civil do Posto de Muros investiga a un veciño de Gondomar como presunto autor dun delito de suplantación de identidade, outro de acoso e un terceiro de ameazas. Os feitos ocorreron por mor das denuncias interpostas pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Muros, comunicando sufrir fustrigación e ameazas de maneira telemática.

Segundo comunicou, coñeceu ao suposto autor dos ilícitos a través dunha coñecida rede social, tras rexeitar as pretensións do investigado de manter unha relación, este comezou a acosala por teléfono, negándose novamente a vítima para manter unha relación.

Ante esta nova negativa, o home púxose a realizar pedidos de comida masivos, a nome da prexudicada, en diversos locais de hostaleiros tanto de Galicia como doutras comunidades autónomas, utilizando un número de teléfono oculto, pedidos nunca foron recollidos nin abonados.

No transcurso da investigación iniciada, tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a
identificación do presunto autor dos ilícitos. Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á investigación deste home como presunto autor dun delito de suplantación de identidade, outro de acoso e un terceiro de ameazas.