O Entroido de Muros conta coas Asociacións
A concellería de Cultura do Concello de Muros presentou o programa do Entroido 2026, unha ampla e diversa proposta de actividades que se desenvolverán entre os días 4 e 21 de febreiro en diferentes puntos do municipio, coa colaboración de asociacións culturais, ANPAS e colectivos veciñais.
O programa inclúe obradoiros, contacontos, festas infantís de disfraces, música, festas populares e actos tradicionais, e ten como citas destacadas o desfile e concurso de comparsas de Muros, que repartirá máis de 3.500 euros en premios, así como a festa nocturna de Entroido baixo carpa con DJ, que se celebrará no Curro da Praza. Dúas propostas que reforzan o carácter festivo do Entroido e consolidan Muros como un referente comarcal desta celebración.
Programa do Entroido 2026
Mércores, 4 de febreiro
- 18:00 h · Obradoiro de máscaras de Entroido na Axencia de Lectura de Esteiro
Mércores, 11 de febreiro
- 18:00 h · Contacontos Flipa cos contos, con Fran Campos na Axencia de Lectura de Esteiro
Venres, 13 de febreiro
- 18:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro de Sorribos (Abelleira). Colabora: AC Ponte Vella
Sábado, 14 de febreiro
- 17:00 h · Entroido Esteirán. Saída da rotonda de Creo e, ao remate, chocolate con churros na Alameda de Esteiro. Organiza: AC O Xeito
- 23:00 h · Festa de Entroido con DJ baixo carpa no Curro da Praza (Muros). Colabora: Asociación de Hostelería e Turismo de Muros
Domingo, 15 de febreiro
- 17:00 h · Desfile e concurso de comparsas de Muros. Saída dende a Virxe do Camiño e chegada ao Curro da Praza. Actuación: La Maquinaria Band
Luns, 16 de febreiro
- 17:00 h · Festa infantil de disfraces. Pavillón As Insuas (Serres). Colabora: ANPA Valdexería
- 17:00 h · Festa infantil de disfraces no Pavillón Xosé Lago (Esteiro). Colabora: ANPA Ricardo Tobío
Martes, 17 de febreiro
- 17:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro Social de Louro. Colabora: ANPA Louro e SC Monte Louro
Mércores, 18 de febreiro
- 17:00 h · Enterro do Facundo. Saída dende a Praza do Cristo e queima na praia do Castelo coa Actuación: La Maquinaria Band
Venres, 20 de febreiro
- 17:00 h · Festa infantil de disfraces da biblioteca no Centro San Xosé (Muros)
Sábado, 21 de febreiro
- 17:00 h · Festa infantil de disfraces no Centro Agrovello (Tal). Colabora: ACRD Cabanas