Evacuado en helicóptero un home tras ser excarcelado despois de sufrir un accidente en Esteiro

Accidente en Esteiro-Foto-GES Muros

Corrían as 14:00h da tarde cando un vehículo sufría un accidente a altura do cruce do Porto da AC-550, en Esteiro, Muros. Un forte impacto frontolateral deixaba o vehículo en posición vertical co seu condutor, inconsciente e atrapado no interior.

Ao lugar acodían, alertados polo 112, Bombeiros de Cee, Policía Local, G. Civil, Tráfico, Atestados, Ambulancia do 061, GES de Muros e o Helicóptero do 061.

Tiveron que invervir efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee para excarcelalo. Unha vez liberado foi evacuado polo helicóptero medicalizado con base en Santiago con pronòstico reservado.

O GES de Muros excarcelando un home tras un Accidente en Esteiro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-ferido-de-consideracion-tras-un-accidente-en-esteiro/