Falece un home tras caer nas rochas mentres practicaba rápel en Louro

Imaxe do rescate en Monte Louro-Foto-GES Muros

Fin de semana tráxica na Costa da Morte. Un home falecía facendo unha Andaina en Cee na mañá do sábado, e esta tarde de domingo outro home perdía a vida practicando rápel en Louro, Muros.

O suceso acontecía arredor das 18:00h da tarde, cando un home se precipitaba mentres practicaba o deporte de rápil (baixada de rochas con cordas) na zona de moi difícil acceso, entre as rochas, do Faro de Montelouro.

Ata o lugar chegou, para proceder ao rescate, e en presencia da súa muller e os dous fillos, con importantes dificultades técnicas no Monte Louro, o helicóptero Pesca, que trasladou ao varón en parada ao hospital do Salnes por importantes traumatismos craneoencefalicos. Os fllos e a muller foron trasladados pola aeronave.

Ao lugar tamén acodiron o GES de Muros, os Bombeiros de Cee, Policía Local, Protección Civil e o 061-Urxencias Sanitarias.

Novas relacionadas